Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22468

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (738/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 738/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ricardo Antonio Manuel Rosende Otero contra a empresa Forjas de Santiago, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse sentenza número 164, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2014.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Ricardo Antonio Manuel Rosende Otero, asistido pola letrada Sra. Cancela Regueiro, fronte á mercantil Forjas de Santiago S, a administración concursal (Salustiano Velo Sabín) e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron malia constar debidamente citados, dítase a presente sentenza sobre a base dos seguintes:

(...)

Decido.

Que estimo parcialmente a demanda interposta por Ricardo Antonio Manuel Rosende Otero fronte á mercantil Forjas de Santiago S, a administración concursal (Salustiano Velo Sabín) e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 5.388,59 euros en concepto de salarios de marzo de 2011 ao 5 de outubro de 2012, cantidade que debe ser incrementada co 10 % anual de xuros de mora, e condeno a Salustiano Velo Sabín unicamente na súa condición de administración concursal e absolvo o Fogasa nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación ante o TSX de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Forjas de Santiago, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2014

A secretaria xudicial