Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22470

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1116/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1116/2013 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Emma María Casas Bernabeu contra a empresa Lando Albañilería, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Fogasa, Andrés Fernández Díaz, General de Subcontratas, S.L., sobre despedimento, se ditou Sentenza número 166, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2014

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Emma María Casas Bernabeu, asistida polo letrado Sr. Malvar Pintos, fronte a Andrés Fernández Díaz, Landro Albañilería, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L., General de Subcontratas, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron malia constar debidamente citados, dítase a presente sentenza sobre a base dos seguintes

(…)

Decisión

Que estimo a demanda interposta por Emma María Casas Bernabeu fronte a Andrés Fernández Díaz, Landro Albañilería, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L., General de Subcontratas, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento da demandante efectuado con efectos do 4 de novembro de 2013, e condeno conxunta e solidariamente a Andrés Fernández Díaz, Landro Albañilería, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L., General de Subcontratas, S.L. a que opten, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, ou ben por readmitir a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento neste caso dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a presente sentenza a razón de 44,41 euros diarios, ou ben pola extinción da relación contractual con aboamento dunha indemnización de 31.975,20 euros.

Advírteselle a Andrés Fernández Díaz, Landro Albañilería, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L. e General de Subcontratas, S.L. que, en caso de non optar pola readmisión ou a indemnización, se entende que procede a primeira.

Absólvese o Fogasa nos termos previstos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación anta a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se interporá ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte da presente notificación, segundo prevén o artigo 189 da Lei de procedemento laboral.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Andrés Fernández Díaz; Landro Albañilería, S.L.; Estructuras Cubafer, S.L.; Landro Estructuras, S.L.; Construcciones Landro, S.L. e General de Subcontratas, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2014

A secretaria xudicial