Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22472

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1022/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 1022/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Couselo Juncal contra a empresa Casal Munín, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou Sentenza número 170, cuxos encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2014

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Juan Manuel Couselo Juncal, asistido pola letrada Sra. Señor Sánchez, fronte á mercantil Casal Munín, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron malia constar debidamente citados, dítase a presente sentenza sobre a base dos seguintes

(…)

Decido

Que estimo integramente a demanda interposta por Juan Manuel Couselo Juncal fronte á mercantil Casal Munín, S.L. e o Fogasa e, en consecuencia, condeno a mercantil Casal Munín, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 7.144,99 euros en concepto de indemnización por despedimento, cantidade que debe ser incrementada cos xuros do artigo 1.108 do CC calculados desde a data do despedimento, e a cantidade de 1.189,39 euros en concepto de parte proporcional de vacacións e aviso previo, cantidade que debe ser incrementada cos xuros de mora do artigo 29.3 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación ante o TSX de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Casal Munín, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2014

A secretaria xudicial