Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22474

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1012/2012).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1012/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Construcciones Silne, S.L., sobre ordinario, ditouse Sentenza número 173 cuxos encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2014.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia da Fundación Laboral de la Construcción (FLC), representado pola procuradora Sra. Fernández Durán, fronte á mercantil Construcciones Silne, S.L., que non compareceu a pesar de constar debidamente citada, dítase a presente sentenza con base nos seguintes:

(…)

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada pola Fundación Laboral de la Construcción fronte á mercantil Construcciones Silne, S.L. e en consecuencia, condeno a mercantil Construcciones Silne, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de 125,16 euros en concepto de achega á FLC correspondente ao ano 2010, importe que deberá ser incrementado co 20 % de recarga de mora, polo que ascende o total á cantidade de 150,19 euros.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Construcciones Silne, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2014

A secretaria xudicial