Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 7 de maio de 2014, da Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, sobre notificación por comparecencia para a entrega dun informe definitivo de control financeiro sobre unha subvención percibida por un beneficiario.

A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en execución do Plan de control financeiro 2013, aprobado de conformidade co disposto no artigo 107 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG núm. 214, do 5 de novembro), e de acordo co previsto no artigo 94 do dito texto e no artigo 42 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño), está realizando un control financeiro a Carlos Ventoso Casais, en relación coa subvención percibida dentro das medidas de adaptación da frota pesqueira comunitaria, cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio faise saber:

1. Que, tentada a notificación do informe definitivo de control financeiro a Carlos Ventoso Casais, non foi posible practicala.

2. Que, por medio do presente anuncio, se pon de manifesto que Carlos Ventoso Casais, ou persoas debidamente autorizadas deberán comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas oficinas desta Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, sita no Edificio San Caetano, s/n, bloque nº 3 (Intervención Xeral da Comunidade Autónoma-Consellería de Facenda), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co obxecto de facerlles entrega do informe definitivo de control financeiro efectuado a Carlos Ventoso Casais.

3. Que, se rematado o prazo sinalado non tivesen comparecido, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2014

Jacinto Álvarez Somoza
Subdirector xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións