Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22466

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1052/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber:

Que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1052/2013 deste xulgado do Social, seguido por instancia de José Domingo Lago Piñeiro contra a empresa Ángel Garrido Palacios, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Reforzo

Sentenza 152/2014

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1052/2013.

Demandante: José Domingo Lago Piñeiro.

Letrado: Sra. Gómez Lozano.

Demandado: Ángel Garrido Palacios, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Letrada: Sra. Prosper Montalvo.

A Coruña, 14 de abril de 2014

Resolución

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Domingo Lago Piñeiro contra a empresa Ángel Garrido Palacios, S.L. e, en consecuencia:

1º. Declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza.

2º. Condeno a demandada a que pague, en concepto de indemnización, a cantidade de 22.688,02 euros ao traballador demandante.

2. Estimo a pretensión sobre reclamación de cantidade formulada por José Domingo Lago Piñeiro fronte á empresa Ángel Garrido Palacios, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta última a lle aboar á primeira a suma de 2.560,72 euros en concepto de salarios debidos.

3. O Fogasa deberase ater ao resolto nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2098, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo.»

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Ángel Garrido Palacios, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 14 de abril de 2014

A secretaria xudicial