Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 2014 Páx. 22149

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (836/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento 836/2013, seguido neste xulgado por instancia de Esperanza Montero Sanz contra a empresa administrador concursal de Emma Elvira Espinosa Pérez-Alcalde, Fogasa, herdeiros de Emma Espinosa Pérez-Alcalde, se ditou a sentenza e o auto de aclaración de sentenza, cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

«Sentenza 94/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 836/2013.

Demandante: Esperanza Montero Sanz.

Letrado: Sra. Rodríguez Viéitez.

Demandado:

– Empresa Emma Espinosa Pérez-Alcalde.

Letrado:

– Comunidade hereditaria de Emma Espinosa Pérez-Alcalde (Jacobo, Isaac e Lorena Piteira Espinosa).

Letrado:

Administrador concursal de Emma Elvira Espinosa Pérez: Sr. Caso Martínez.

Fogasa.

Sentenza nº 94/2014.

A Coruña, 24 de febreiro de 2014».

«Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Esperanza Montero Sanz fronte á empresa Emma Elvira Espinosa Pérez-Alcalde e a comunidade hereditaria de Emma Elvira Espinosa Pérez-Alcalde e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno as demandadas a que readmitan inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, a elección dos demandados, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

Esta opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese termo sen optar, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberán aboar os demandados, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 22.519,29 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón 38,61 euros €/día.

3º. De optar pola readmisión, a traballadora deberá reintegrar a indemnización que poida ter recibido polo despedimento obxectivo unha vez que sexa firme a sentenza. En caso de extinción da relación laboral, compensarase esa indemnización que se puidese ter eventualmente percibido e a que se fixa nesta sentenza.

4º. O Fogasa e a administración concursal de Emma Elvira Espinosa Pérez-Alcalde deberanse ater ao resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino».

«Auto.

Xuíz: Javier López Cotelo.

A Coruña, 17 de marzo de 2014.

Parte dispositiva:

Procede completar a sentenza ditada nos presentes autos o 27 de febreiro de 2014, de tal forma que:

– Nos feitos probados débese engadir un novo feito probado que diga que «a empresa demandada debe a suma de 979,96 euros polo salario de 22 días do mes de febreiro de 2013 e quitanza –doc. nº 2 achegado pola parte demandante e falta de proba polos demandados do pagamento de tal cantidade en concepto salarial».

– Na fundamentación xurídica débese engadir un novo fundamento xurídico, nº III, que dispoña: «A demandante reclama, como acción acumulada á principal de impugnación de despedimento, a suma de 976,96 euros polo salario do mes de febreiro de 2013 (22 días) e quitanza, nos termos do doc. nº 2 achegado pola demandante, e que non foron satisfeitos pola demandada.

A pretensión da parte demandante ten o seu sustento nos artigos 4.2 e 29 ET, nos cales se recoñece o dereito dos traballadores á percepción puntual da remuneración pactada ou legalmente establecida. E tendo sido acreditada a relación laboral, corresponde á empresa probar o pagamento dos salarios. Polo que non tendo acreditado tal aspecto, procede estimar a demanda, con condena á empresa ao aboamento de 979,96 euros como salarios debidos, así como o xuro do 10 % recollido no artigo 29.3 ET xa que así o solicitou a demandante no seu escrito reitor».

– Na parte dispositiva da sentenza, o número 4º pasará a ser o 5º, e introdúcese como novo nº 4º: «4º. Estimo a pretensión sobre reclamación de cantidade formulada por Esperanza Montero Sanz fronte á empresa Emma Elvira Espinosa Pérez-Alcalde e á comunidade hereditaria de Emma Elvira Espinosa Pérez-Alcalde e, en consecuencia, condeno a esta a lle pagar á primeira a suma de 976,96 euros en concepto de cantidades salariais debidas, así como o 10 % de xuro desa suma ata a data de sentenza».

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de Reforzo da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma aos herdeiros de Emma Espinosa Pérez-Alcalde, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de abril de 2014

A secretaria xudicial