Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 2014 Páx. 22147

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (432/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DSP PO 432/2013 por instancia de Mª Esther Rega Baldomir, Rosa Mª Boga Pérez, Mª Carmen Iglesias Fraga, Julia Evangelista Regueira, Luz Crespo Míguez, Mª Carmen Guillín García, Isabel Esmorís Iglesias, Mª Isolina Fraga García, Antonia Liñares Grela, Isabel Trigo García e Mª Luz Pérez Varela, contra Limpiezas El Polígono, S.L. e o Fogasa, sobre cantidade, nos cales, no día da data, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decido que, estimando a demanda interposta polas demandantes contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L., debo condenar e condeno esta a que aboe as seguintes cantidades:

Mª Esther Rega Baldomir: 1.304,87 euros.

Rosa Mª Boga Pérez: 3.278,16 euros.

Mª Carmen Iglesias Fraga: 2.689,82 euros.

Julia Evangelista Regueira: 1.304,87 euros.

Luz Crespo Míguez: 1.941,26 euros.

Mª Carmen Guillín García: 970,64 euros.

Isabel Esmorís Iglesias: 1.170,64 euros.

Mª Isolina Fraga García: 970,64 euros.

Antonia Liñares Grela: 970,64 euros.

Isabel Trigo García: 388,22 euros.

Mª Luz Pérez Varela: 388,22 euros.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza, que pronuncio, mando e asino».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Limpiezas El Polígono, S.L. co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente.

A Coruña, 24 de abril de 2014

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial