Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2014 Páx. 21757

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ferrol

EDICTO (838/2013).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Ferrol, 4 de marzo de 2014.

Vistos por Elvira Méndez Ibias, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ferrol, os presentes autos de xuízo verbal sobre incumprimento contractual, seguidos neste xulgado co nº 838/2013, por instancia de Esperanza Díaz Fraga, representada polo procurador Sr. Rodríguez Ramos e asistido do letrado Sr. Ramos Alonso, contra Instalacións e Melloras de Galicia, S.L., en rebeldía, dítase a presente sentenza.

Decido que se estima a demanda presentada polo procurador Sr. Rodríguez Ramos, en representación de Esperanza Díaz Fraga contra Instalacións e Melloras de Galicia, S.L., cos seguintes pronunciamentos:

– Condénase a empresa demandada a realizar as seguintes obras recollidas no informe do perito Sr. Fernández Iglesias:

a) Na vivenda sita na rúa Casal dos Ovos, nº 59, de Ferrol:

• Azulexado da fachada lateral da vivenda que quedou sen executar.

• Substitución dos canos de granito das ventás que están danados.

b) Na caseta de apeiros ou adega existente no terreo:

• Terminación dos traballos de electricidade, carpintaría e fontanaría (colocando inodoro e lavabo ofertados).

• Retirada da cuberta e posterior colocación desta de modo correcto, seguindo as indicacións do manual de instalación do fabricante, para evitar que se sigan producindo filtracións de auga.

c) No muro de peche do terreo: a reparación correcta deste.

– Condénase a parte demandada ao pagamento das custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que se poderá presentar neste xulgado no prazo de vinte días. A parte recorrente deberá constituír un depósito de 50 euros (salvo que teña recoñecido o dereito de xustiza gratuíta) baixo apercibimento de que, en caso de non o facer, non se lle dará trámite ao recurso.

Así o acordo, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Inmega, S.L., expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ferrol, 19 de marzo de 2014

O secretario xudicial