Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2014 Páx. 21759

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Barco de Valdeorras

EDICTO (57/2013).

Eu, María Jesús da Silva Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Barco de Valdeorras, por este edicto anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de María del Carmen Rey Álvarez e Emilio Corzo López contra Great Time, S.L., Banco Bilbao Vizcaya, S.S.V., ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«No Barco de Valdeorras, o dez de xaneiro de dous mil catorce.

Fernando Barcia González, xuíz de Primeira Instancia número un do Barco de Valdeorras, vistos os autos que se seguen neste xulgado co número da marxe por instancia de María del Carmen Rey Álvarez e Emilio Corzo López, representados pola procuradora dos tribunais María del Carmen González Carro e asistidos de letrado colexiado, contra as entidades Great Time S.L. e a entidade Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., a primeira en situación de rebeldía procesual e a segunda representada polo procurador José Antonio Martínez Rodríguez e defendida por letrado colexiado, no exercicio de acción de nulidade contractual, fixa a contía en 11.720,16 euros».

«Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por instancia de María del Carmen Rey Álvarez e Emilio Corzo López, representados pola procuradora dos tribunais María del Carmen González Carro contra as entidades Great Time, S.L. e Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., a primeira en situación de rebeldía procesual e a segunda representada polo procurador José Antonio Martínez Rodríguez, no exercicio de acción de nulidade contractual, e debo declarar a nulidade do contrato de aproveitamento por quendas de bens inmobles subscrito entre os ditos demandantes e a entidade Great Time, S.L. con data do 30.7.2000, como igualmente a nulidade do contrato de préstamo vinculado ao contrato principal, celebrado entre os citados demandantes e a entidade BBVA, S.A. con data do 18.8.2000, e en virtude da nulidade acordada, condénanse ambas as entidades demandadas conxunta e solidariamente ao aboamento aos demandantes da cantidade de 10.770,94 euros máis os xuros legais desde o día 18.3.2013. Cada parte deberá satisfacer as custas xeradas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíqueselles ás partes esta sentenza, que non é firme e contra a cal se poderá interpor recurso de apelación no prazo de vinte días seguintes ao da súa notificación».

Ao estar o dito demandado, Great Time, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

O Barco de Valdeorras, 2 de abril de 2014

A secretaria xudicial