Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2014 Páx. 21755

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1748/2012-IP).

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1748/2012 desta sección, seguido por instancia de Antonio Álvarez Rodríguez contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Granitos de Vigo, S.L., Mutua de Accidentes de Traballo Fraternidad-Muprespa, administración concursal Granitos de Vigo, S. L. (Emilio Rodríguez de Dios), sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Roxelio Fernández Portela, en nome e representación de Antonio Álvarez Rodríguez, debemos confirmar e confirmamos a sentenza do 3 de febreiro de 2012 ditada polo Xulgado do Social número dous dos de Vigo en autos 931/2011, promovidos por Antonio Álvarez Rodríguez contra a Fraternidad Muprespa, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social nº 275, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Granitos de Vigo, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro do dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto no artigo 220 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para interpor recurso, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación a Granitos de Vigo, S.L., con último domicilio coñecido na estrada de Baiona, 44, interiores, 36123 Vigo.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de abril de 2014

A secretaria xudicial