Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2014 Páx. 21505

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 27 de febreiro de 2014, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, sobre resolución do expediente de clasificación do monte denominado monte Albor (norte), solicitado unha parte en prol dos veciños da CMVMC de Santa María de Xanza (Valga) e outra parte en prol dos veciños da CMVMC de Valga (Valga).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra ditou a seguinte resolución:

«Asistentes

Presidente: Miguel Ángel Pérez Dubois (xefe territorial).

Vogais:

Enrique Martínez Chamorro (xefe do Servizo de Montes).

X. Carlos Morgade Martínez (representante das CMVMC da provincia de Pontevedra).

Víctor Abelleira Argibay (representante do colexio de avogados da provincia).

Vogais representantes da CMVMC de Santa María de Xanza:

Manuel Cotón Pardal.

Ramón Rodríguez Freiría.

Vogais representantes da CMVMC de San Miguel de Valga:

José Manuel Pérez Morales.

Manuel Aboy Martínez.

Secretaria: Ana Belén Fernández Dopazo (funcionaria adscrita ao Servizo Xurídico-Administrativo).

Na cidade de Pontevedra, ás 17.00 horas do día 18 de febreiro de 2014, coa asistencia das persoas á marxe indicadas, reúnese na 2ª planta do Edificio Administrativo sito no nº 43 da rúa Fernández Ladreda o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común co obxecto de decidir, entre outros asuntos, sobre a resolución do expediente de clasificación do monte denominado monte Albor (norte) solicitando unha parte do monte en prol dos veciños da CMVMC de Santa María de Xanza (Valga) e outra parte do monte a favor dos veciños da CMVMC de San Miguel de Valga (Valga).

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 8 de abril de 2011 a Comunidade de Montes de San Miguel de Valga presenta escrito alegando a sinatura dun acordo entre as comunidades de Montes de Xanza e San Miguel de Valga polo cal establecen o linde de aproveitamento de cada unha das comunidades no monte Albor e recoñecen o dereito da outra á súa parcela. Xunta copia da acta notarial co acordo e certificación dos secretarios das dúas comunidades sobre a aprobación do acordo por cadansúa asemblea xeral. O Xurado Provincial de Clasificación acepta a documentación e, con data do 3 de outubro de 2011, clasifica unha parcela de 3,69 ha do monte Albor (sur) en prol da Comunidade de Montes de Xanza e outra de 1,97 ha en prol da Comunidade de Montes de San Miguel de Valga, segundo o acordo establecido polas comunidades, pero deixando fóra da resolución as parcelas pertencentes ao monte Albor (norte) por non estar solicitada a súa clasificación por ningunha das dúas comunidades.

Segundo. Con data de entrada do 21 de xuño de 2012, José Manuel Pérez Morales, en calidade de presidente da CMVMC de San Miguel de Valga, e Manuel Cotón Pardal, en calidade de presidente da CMVMC de Xanza, presentan solicitude conxunta de clasificación de cadansúa parcela do monte Albor (norte), segundo o acordo de recoñecemento mutuo de aproveitamento exclusivo citado anteriormente. Solicítase deste xeito a clasificación como veciñal en man común dunha parcela de 4,6287 ha en prol da Comunidade de San Miguel de Valga e outra de 2,428 ha a favor da Comunidade de Xanza, do concello de Valga, xuntando informe técnico e pericial coa descrición o monte, identificación, superficie e lindeiros.

Terceiro. O Xurado de Montes Veciñais, en sesión realizada no 1 de abril de 2013, acordou a incoación de expediente de clasificación das devanditas parcelas do citado monte. O 2 de abril de 2013 solicítase ao Servizo de Montes a elaboración do informe preceptivo conforme o artigo 20 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 do outubro, de montes veciñais en man común. Con data do 14 de maio de 2013 recíbese o antedito informe preceptivo do Servizo de Montes, no cal se fai constar que a planimetría presentada é suficiente para a identificación das parcelas e que no plano da carpeta-ficha as parcelas solicitadas se superpoñen parcialmente con terreos clasificados en 1980 a favor de Xanza.

Cuarto. O Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis, en escrito do 12 de xuño de 2013, certifica que as parcelas Albor norte da parroquia de San Miguel de Valga e Albor norte da parroquia de Xanza, tal e como se describen na solicitude remitida, non figuran inscritas nese rexistro.

Quinto. Á vista da documentación presentada polos solicitantes e o informe do Servizo de Montes a parcela obxecto do presente expediente obedece á seguinte descrición:

Concello: Valga.

Parroquia: San Miguel de Valga.

Nome do monte: Albor norte.

Cabida: 46.287 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte (ordenados de leste para oeste):

Ref. catastral

Polígono/Parcela

Propietario

36056A032001330000AD

32/133

Otero Rubido, María

36056A032001470000AB

32/147

Sanmarcos Iglesias, José

Sur (ordenados de leste para oeste):

Ref. catastral

Polígono/Parcela

Propietario

36056A032002830000AP

32/283

CMVMC de San Miguel de Valga

36056A032004160000AK

32/416

CMVMC de San Miguel de Valga

36056A032003070000AY

32/307

López Martínez, María Luisa

Leste (ordenados de norte para sur):

Ref. catastral

Polígono/Parcela

Propietario

36056A032001470000AB

32/147

Sanmarcos Iglesias, José

36056A032001480000AY

32/148

Touceda Lois, Eusebio

36056A032001490000AG

32/149

Descoñecido

36056A032001500000AB

32/150

Touceda Lois, José

36056A032001510000AY

32/151

Sanmiguel Temperán, José

36056A032001520000AG

32/152

Barros Frieiro, María Isabel

36056A032001530000AQ

32/153

Sanmarco Iglesias, Elisardo

36056A032001540000AP

32/154

Pardal Núñez, Rosa

36056A032001550000AL

32/155

Sanmarco Iglesias, Andrés

36056A032001560000AT

32/156

Descoñecido

36056A032001570000AF

32/157

Castromán Magariños, Carmen

36056A032001580000AM

32/158

Quintáns Lorenzo, José

36056A032004160000AK

32/416

CMVMC de San Miguel de Valga

36056A032003700000AY

32/307

López Martínez, María Luisa

Oeste (ordenados de norte para sur):

Ref. catastral

Polígono/Parcela

Propietario

36056A032001330000AD

32/133

Outeiro Rubido, María

36056A032004070000AP

32/407

CMVMC de Santa María de Xanza

Concello : Valga.

Parroquia: Xanza.

Nome do monte: Albor norte.

Cabida: 24.280 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte (ordenados de leste para oeste):

Ref. catastral

Polígono/Parcela

Propietario

36056A032002770000AY

32/277

Descoñecido

36056A032002760000AB

32/276

Descoñecido

36056A032002750000AA

32/275

Martínez García, Manuel

36056A032004130000AF

32/413

Descoñecido

36056A032002740000AW

32/274

Cotón Pardal, Manuel

36056A032003980000AU

32/398

Pardal Mosquera, Cándido

36056A032003970000AZ

32/397

Pardal Mosquera, Manuel

36056A032002272000AU

32/272

Magán Castiñeiras, Manuel

36056A032002710000AZ

32/271

Magán Castiñeiras, Carmen

36056A032002700000AS

32/270

Magán Castiñeiras, Hipolito

36056A032002690000AU

32/269

Magán Castiñieras, José Antonio

36056A032090030000AE

32/ 9003

Camiño

Sur (ordenados de leste para oeste):

Ref. catastral

Polígono/Parcela

Propietario

36056A032004030000AB

32/403

Iglesias Pérez, José A.

36056A032004070000AP

32/407

Comunidade Montes de Xanza

Leste (ordenados de norte para sur):

Ref. catastral

Polígono/Parcela

Propietario

36056A032002830000AP

32/283

C.M.V.M.C de San Miguel de Valga

Oeste (ordenados de norte para sur):

Ref. catastral

Polígono/Parcela

Propietario

36056A032002690000AU

32/269

Magán Castiñeiras, José A.

36056A032002700000AS

32/270

Magán Castiñeiras, Hipólito

36056A032002710000AZ

32/271

Magán Castiñeiras, Carmen

36056A032002720000AU

32/272

Magán Castiñeiras, Manuel

36056A032003980000AU

32/398

Pardal Mosquera, Cándido

36056A032002750000AA

32/274

Cotón Pardal, Manuel

36056A032004130000AF

32/413

Descoñecido

36056A032002750000AB

32/275

Martínez García, Manuel

36056A032002760000AB

32/276

Descoñecido

36056A032002770000AY

32/277

Descoñecido

36056A032002780000AG

32/278

Descoñecido

36056A032002790000AQ

32/279

Vázquez Pardal, Juan José

36056A032002800000AY

32/280

Blanco Meniño, Ramón

36056A032002810000AG

32/281

Magariño Iglesias, José Ramón

36056A032004030000AB

32/403

Iglesias Pérez, José A.

36056A032004040000AY

32/404

Iglesias Pérez, Manuela

36056A032002840000AL

32/284

Meniño Caramés, Ramón

36056A032002850000AT

32/285

Gil Barreiro, María

36056A032002860000AF

32/286

Lois Pardal, Nieves

Sexto. Feitas as comunicacións do artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e aberto o período de audiencia, un particular presentou unha alegación en que informaba de que nas proximidades da parcela solicitada pola Comunidade de San Miguel de Valga posúe unha parcela que non está catastrada e presenta plano dela. Na súa réplica, a Comunidade de San Miguel de Valga presenta plano que demostra que a parcela do particular está fóra do perímetro da parcela veciñal clasificada o 3 de outubro de 2011 a favor da CMVMC de Valga. Non se recibiron máis alegacións.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten a competencia para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter ao abeiro do establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 1 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, débese entender por montes veciñais en man común “... os terreos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños”.

Así, segundo abondosa xurisprudencia, o feito que xustifica a clasificación ou non como veciñal dun determinado monte en vía administrativa é a circunstancia de terse ou non demostrado o aproveitamento consuetudinario en man común, prescindindo das cuestións relativas á propiedade e demais dereitos reais.

Terceiro. A acreditación sobre o uso e aproveitamento polos veciños establécese inequivocamente polo seguinte:

1. O acordo de recoñecemento mutuo de aproveitamento exclusivo, recollido en acta notarial e confirmado polas asembleas xerais da ambas as comunidades, constitúe en si mesmo un acto de disposición do monte realizado polos comuneiros en uso das atribucións que lles recoñece a lei.

2. O informe preceptivo do Servizo de Montes recolle que a parcela de San Miguel de Valga “está poblada por monte bravo de pinus pinaster muy denso e monte baixo de xesta e toxo”, mentres que a parcela de Xanza “está poboada por masa de bastío-fuste alto de pino pinaster con pés de eucaliptus glóbulus”. Ademais, nas dúas parcelas obsérvanse signos de aproveitamento de molime, segundo puido comprobar o instrutor.

3. A Comunidade de Montes de Xanza presenta recibo da indemnización pagada por Fenosa en 1987 por dous postes da liña de alta tensión que cruza a parcela.

Cuarto. As dúbidas expresadas no informe preceptivo e xeradas polo plano da carpeta-ficha da clasificación de 1980, no cal se superpoñen parcialmente as dúas parcelas do monte Albor norte agora solicitadas de clasificación co monte clasificado en 1980 próximo á aldea de Medela, quedan aclaradas tendo en conta o seguinte:

1. Con data do 5 de febreiro de 1980, o Xurado Provincial clasifica en prol da CMVMC de Xanza un único monte denominado Baño, Outeiro, Senín, Medela e Río Valga, cun total de 169 hectáreas e cuns únicos lindes (N: parroquia de Campaña e Valga, E: parroquia de Valga e termo de Cuntis, S: parroquia e monte de Setecoros e O: parroquias de Setecoros e Louro). Pola contra, o plano da carpeta ficha amosa os montes veciñais de Xanza repartidos en varias localización sen unión entre si.

2. Con motivo do conflito polos aproveitamentos do monte Albor, no ano 2000 a CMVMC de Xanza presenta denuncia contra a Comunidade de San Miguel de Valga ante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Caldas de Reis, o que dá lugar ao Procedemento de menor contía 486/00, que se resolve cunha sentenza do 14 de xaneiro de 2004, que nega eficacia probatoria ao plano da carpeta-ficha e que declara que a parcela en litixio non está incluída no monte clasificado como Medela. Impugnada a sentenza ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, resólvese por sentenza 00400/2004 que desestima a demanda e declara que o monte Albor queda fóra do contorno perimetral dos montes clasificados en prol da CMVMC de Xanza. Interposto recurso de casación 7/05 perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, resólvese con sentenza do 18 de outubro de 2005, que rexeita o recurso. As tres sentenzas están incluídas no expediente de clasificación do monte Albor (sur).

En consecuencia, vistos os antecedentes mencionados, a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro de montes veciñais en man común e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios, de xenérica e específica aplicación, este instrutor, en uso das facultades que ten conferidas propón, e o Xurado de Montes por unamidade acorda:

Clasificar como veciñal en man común o monte denominado Albor norte, situado na parroquia de Xanza, en prol dos veciños da CMVMC de Xanza, e o monte denominado Albor norte, situado na parroquia de San Miguel de Valga, en prol da CMVMC de Valga, do concello de Valga, de acordo coa descrición reflectida no antecedente de feito quinto e a planimetría elaborada para o efecto polo Servizo de Montes e que forma parte inseparable da presente resolución.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor con carácter potestativo recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigo 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.»

Pontevedra, 27 de febreiro de 2014

Miguel Ángel Pérez Dubois
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra