Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2014 Páx. 21503

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 28 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións do expediente sancionador (Pesan1 2013/000952-5 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nº 243, do 15 de decembro).

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada xefatura de Coordinación da Área do Mar-Vigo; r/ Concepción Arenal, 8, 4.º andar.

Nº de expediente: Pesan1 2013/000952-5.

Denunciado: Luis Domínguez Domínguez.

NIF: 35446514H.

Enderezo: O Con, nº 5, O Grove (Pontevedra).

Preceptos infrinxidos: 136.A.1 e 137.B.2.

Sanción: 151 euros.

Nº de expediente: Pesan1 2013/000959-5.

Denunciado: Luis Miguel Soutullo Fernández.

NIF: 76862129Q.

Enderezo: Luís Seoane, 68, O Grove (Pontevedra).

Preceptos infrinxidos: 137.A.1 e 137.B.2.

Sanción: 801 euros.

Nº de expediente: Pesan1 2013/000968-5.

Denunciado: Fernando Figueiras Loureiro.

NIF: 44812657D.

Enderezo: r/ Nueva de Puntales, nº 2, 1º E, Cádiz.

Precepto infrinxido: 137.B.2.

Sanción: 151 euros.

Nº de expediente: Pesan1 2013/001075-5.

Denunciado: Adrián García López.

NIF: 35602715A.

Enderezo: Pousada, 1, baixo C, O Grove (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.B.2.

Sanción: 151 euros.

Nº de expediente: Pesan1 2013/001144-5.

Denunciado: Jesús Manuel Rivas Pérez.

NIF: 35474753J.

Enderezo: avenida da Ponte, nº 116, 1º B, A Illa de Arousa (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.A.1.

Sanción: 1.204 euros.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das ditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou en caso contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na dita xefatura de Coordinación da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.

Se cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza desta resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifesten o compromiso de se ateren ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

Vigo, 28 de abril de 2014

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra