Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2014 Páx. 20784

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (42/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento de Seguridade Social 42/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia da mutua Midat Cyclops, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Cuadrafer, S.L., sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Decido:

Estimo parcialmente a acción exercida pola Midat Cyclops fronte á empresa Cuadrafer, S.L., a TXSS e o INSS, e declaro que a empresa citada é responsable directa por falta de cotizacións á Seguridade Social polo que a condeno a aboarlle á demandante a cantidade de 2.224,14 euros. Así mesmo, declaro a responsabilidade subsidiaria, para o suposto de insolvencia empresarial, do INSS e ata o importe de 825,96 euros por gastos de asistencia sanitaria.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto 0030.1846, a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.0042.12 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0042.12 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, mentres celebraba audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cuadrafer, S.L. expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de abril de 2014

O secretario xudicial