Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2014 Páx. 20782

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (158/2014).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 158/2014 desta sección, seguidos a instancia de Ana Belén Sueiras Blanco contra a empresa Fogasa, Lito y Toni Ferrol, S.L. La Mamma Romana, sobre despido disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que desestimando o recuso de suplicación interposto pola representación letrada da demandante Ana Belén Sueiras Blanco, contra a Sentenza de data 3 de outubro de 2013 ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol, nos presentes autos sobre despedimento, tramitados a instancia da referida recorrente, fronte á empresa Lito y Toni Ferrol, S.L., e o Fogasa, debemos confirmar e confirmamos integramente a dita sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndoos saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lito y Toni Ferrol, S.L. La Mamma Romana, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 10 de abril de 2014

A secretaria xudicial