Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2014 Páx. 20786

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (22/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 22/2012 por instancia de Emilio Bras Lema contra Instalaciones Eléctricas Berrocal, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou sentenza o 7.4.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase a demanda formulada por Emilio Bras Lema fronte a Instalaciones Eléctricas Berrocal, S.L., con intervención do Fogasa e, en consecuencia, condénase a empresa Instalaciones Eléctricas Berrocal, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de cinco mil trescentos setenta e dous euros con sesenta e dous céntimos de euro (5.372,62 euros).

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Instalaciones Eléctricas Berrocal, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 15 de abril de 2014

A secretaria xudicial