Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 14/2012 por instancia de Roberto Mejuto López contra a empresa Torreiro y Candal, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou sentenza o 7.4.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
«Resolución:
Estímase a demanda formulada por Roberto Mejuto López fronte a Torreiro y Candal, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Torreiro y Candal, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de dous mil oitocentos vinte e un euros con noventa e seis céntimos de euro (2.821,96 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.
Notifíquese a resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».
E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Torreiro y Candal S.L. expido e asino a presente.
A Coruña, 15 de abril de 2014
A secretaria xudicial