Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2014 Páx. 20788

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (280/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 280/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Estefanía Martínez Vilariño contra a empresa Carlota Lorena Elizechea Mateos, sobre despedimento, se ditou Decreto 243/2014, o 27 de marzo, declarado firme no día de hoxe, polo que se declarou a insolvencia total, que se entenderá para todos os efectos como provisional, da executada Carlota Lorena Elizechea Mateos (DNI 32692280-B) pola suma de 11.508,10 euros (5.076,43 € de indemnización máis 6.431,67 € de salarios trámite) en concepto de principal, máis outros 1.150,81 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros, o que se fai público para os efectos previstos no artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2014

A secretaria xudicial