Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19826

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (531/2013-M).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 531/2013 por instancia de José Francisco Sánchez Barros contra Bloquera e Fogasa, sobre cantidade, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Ditame.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Francisco Sánchez Barros contra a entidade Automóviles Bloquera Forjados Noroeste, S.L. e a Administración Concursal de Automóviles Bloquera Forjados Noroeste, S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno a Bloquera Forjados Noroeste, S.L. e a súa administración concursal a que lle aboen ao demandante a cantidade de 8.045,51 € como 60 % da indemnización por despedimento obxectivo de que foi obxecto o 2 de abril de 2013, e 288,78 € brutos, en concepto de compensación económica polas vacacións non gozadas no ano 2013.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Bloquera Forjados Noroeste, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 8 de abril de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial