Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19828

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (456/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 456/2012 deste Xulgado do Social número 2 de reforzo, seguido por instancia de Mutua Gallega Accidentes de Trabajo contra o Servizo Galego de Saúde e Sergio Visus Torralba, sobre seguridade social, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Auto.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Na Coruña o vinte e cinco de marzo de dous mil catorce.

Parte dispositiva.

Non procede rectificación/aclaración solicitada.

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de reforzo da Coruña.

E para que conste e sirva de notificación a Sergio Visus Torralba, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 25 de marzo de 2014

A secretaria xudicial