Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19829

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (185/2012).

Número de autos: execución de títulos xudiciais 185/2012.

Demandantes: Sandra Villaverde de Francisco, María Monserrat López Botana, Pablo Antonio Céspedes García, Bruno Sancho Piñeiro, Marta Sesar Segade, Andrea Mariana López Lamas, Laura Aparicio Chorén, Agustín Caamaño Abeijón e María Carmen Fuentes González.

Avogados: Ángeles Cancela Regueiro, Óscar Rodríguez Mallo e Alberto Freijeiro Otero.

Graduada social: Matilde Mallo Nieves.

Demandada: Grace Antonia Nouel Brache.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 185/2012 e acumuladas, deste xulgado do social, seguido por instancia de Montserrat López Botana e outros, contra a empresa Grace Antonia Nouel Brache, sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto de aclaración o 7 de abril de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Acordo:

1. Estimar a solicitude de aclarar o decreto ditado neste procedemento con data 19 de marzo de 2014, no sentido que se indica a seguir:

A súa parte dispositiva debería quedar así:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada Grace Antonia Nouel Brache en situación de insolvencia parcial por importe de 187.387,71 euros de principal [indemnización: 111.432,40 € (55.977,93 € a Montserrat López Botana + 17.027,63 € a Andrea Mariana López Lamas + 10.997,04 € a Pablo Antonia Céspedes García+ 11.759,71 € a Sandra Villaverde de Francisco + 15.670,09 € a Mª Carmen Fuentes González); salarios: 3.650,47 € a Sandra Villaverde de Francisco; salarios de tramitación: 72.304,84 € (11.951 € a Montserrat López Botana + 9.499,97 € a Andrea Mariana López Lamas + 8.984,32 € a Pablo Antonio Céspedes García + 7.281,3 € a Sandra Villaverde de Francisco + 12.239,96 € a Mª Carmen Fuentes González + 1.882,93 € a Agustín Caamaño Abeijón + 9.203,51 € a Laura Aparicio Chorén + 4.351,16 € a Marta Sesar Segade + 6.910,69 € a Bruno Sancho Piñeiro)], máis 1.598,34 euros de xuros de mora (204,27 a Sandra Villaverde de Francisco + 142,49 € a Agustín Caamaño Abeijón + 383,56 € a Laura Aparicio Chorén + 318,53 € a Marta Sesar Segade + 549,49 € a Bruno Sancho Piñeiro), máis 17.951,44 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, que se entenderá para todos os efectos como provisional.

2. Acordo incorporar esta resolución ao libro correspondente e levar testemuño aos autos.

Notifíqueselles ás partes e a Grace Antonia Nouel Brache, por medio de edictos que se publicarán no DOG e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Contra este decreto non cabe interpoñer recurso sen prexuízo do que se poida interpoñer fronte á resolución aclarada.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A secretaria xudicial»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Grace Antonia Nouel Brache, expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2014

A secretaria xudicial