Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19832

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (39/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 39/14 deste xulgado do social, seguido por instancia de Karen Almaro Elizade contra a empresa Merca Eiras, S.L., sobre 11.489,91 euros de principal (7.141,18 € indemnización + 4.348,73 € salarios de tramitación), máis 282,37 € de xuros de mora, máis 1.177,22 € que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, se ditou decreto en data 7 de abril de 2014 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o/os executado/s Merca Eiras, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 11.489,91 euros en concepto de principal (7.141,18 € indemnización + 4.348,73 € salarios de tramitación), máis 282,37 euros en concepto de xuros de mora de 4.348,73 €, máis 1.177,22 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Lévese o orixinal ao libro de decretos e déixese testemuño nas presentes actuacións.

Notifíqueselles ás partes e a Merca Eiras, S.L. por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, telefax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta en Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0039 14. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0039 14. Se efectuare diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/o secretario/a xudicial»

E para que sirva de notificación a Merca Eiras, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2014

A secretaria xudicial