Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19834

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (723/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 723/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pedro Luaña Louzao, contra a empresa Grafinova, S.A., en ignorado paradoiro, ditouse a seguinte resolución:

«Parte dispositiva.

Estimo a excepción de litispendencia alegada no presente procedemento pola parte demandante e, en consecuencia, acordo a suspensión do curso do presente procedemento ata que se dite sentenza firme nos autos nº 298/13 do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, quedando a parte demandante obrigada a poñer a devandita circunstancia en coñecemento do xulgado e a solicitar, se é o caso, o proseguimento dos autos tan axiña como se verifique.

Notifíquese ás partes a presente resolución na forma prevista no artigo 248.4 da LOPX.

Así o pronuncia, manda e asina, Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela. Dou fe».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2014

A secretaria xudicial