Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19825

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (411/2013-M).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 411/2013 por instancia de Emilio M. Fernández Pose contra Trebalugue, S.L. Administración Concursal e Fogasa sobre cantidade, nos cales no día da data se ditou auto de aclaración cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Ditame.

Que debo rectificar a sentenza ditada nas presentes actuacións o pasado día 6 de marzo de 2014, no sentido fixado no fundamento de dereito segundo da presente resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes advertindo que contra ela non cabe interpor ningún recurso distinto do recurso de suplicación que, se é o caso, se formule contra a sentenza.

Así, por este auto, mándoo e asínoo. Maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal. Dou fe».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Trebalugue, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 8 de abril de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial