Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19817

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4510/2013).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4510/2013 IP.

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 161/2013 Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Recurrente: José Manuel Aldao Varela.

Avogado: José Nogueira Esmoris.

Recorridos: Fogasa, Lista Granit, S.A. (antes Lista Arenas y Gravas, S.A.) e Eurogranit, S.A.

Avogado: María Luisa Tato Fouz.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4510/2013 desta sección, seguido por instancia de José Manuel Aldao Varela contra a empresa, sobre despedimento disciplinario, ditouse a seguinte resolución:

Ditaminamos.

Desestimando o recurso de suplicación interposto por José Manuel Aldao Varalo contra a Sentenza do 20 de setembro de 2013 do Xulgado do Social número 4 da Coruña, ditada no xuízo seguido por instancia do recorrente contra a entidade mercantil Eurogranit, Sociedade Anónima, a entidade mercantil Lista Granit, Sociedade Anónima, a entidade mercantil Granitos de La Coruña, Sociedade Anónima, a entidade mercantil Control Art, Sociedade Limitada, a entidade mercantil Heldt Invest, Sociedade Limitada, a entidade mercantil Construcciones Lista Christesen, Sociedade Limitada e a entidade mercantil Granitos e Mármores O Port, Sociedade Limitada, coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, a Sala confírmaa integramente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

E para que sirva de notificación a Granitos y Mármoles El Port, S.L., con último domicilio coñecido no lugar da Grela.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de marzo de 2014

A secretaria xudicial