Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19819

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (113/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 113/2011 CRS.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1134/2009 Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social.

Recorridos: Domilon Construcciones, S.L., Alfonso Paz Maceiras.

Avogados: (…), Santiago Castro Pérez.

Procuradores: (…), Ana María Tejelo Núñez.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 113/2011 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a empresa sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución:

Ditame:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandado Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, nos presentes autos 1134/2009 tramitados por instancia do traballador demandante, Alfonso Paz Maceira, sobre recarga de prestacións, e fronte á referida entidade xestora recorrente, e fronte á tamén demandada empresa Domilom Construcciones, S.L., debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza contra a que se recorre.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza, e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

E para que así conste para efecto da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Domilon Construcciones, S.L., con ultimo domicilio coñecido na r/ Urzaiz 227, 2º D, Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 7 de abril de 2014

A secretaria xudicial