Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19815

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 6ª Civil e Penal de Santiago de Compostela

EDICTO (496/2012).

Peza: recurso de apelación (Lacn) 496/2012.

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela.

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 284/2011.

Apelante: Manuel Alcalde Gontan, Carmen González Grille.

Procurador: Fernando González-Concheiro Álvarez, Fernando González-Concheiro Álvarez.

Apelado: Fénix Directo, cía. seguros e reaseguros.

Procuradora: Ángeles Regueiro Muñoz.

Na presente peza de apelación civil número 496/2012, na cal figuran como apelantes Manuel Alcalde Gontán e Carmen González Grille, como apelado-impugnante Fénix Directo, compañía de seguros e reaseguros, S.A., e como demandado rebelde Daniel Díaz Ripoll, ditouse sentenza cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza número 41/14.

Santiago de Compostela, vinte e oito de febreiro de dous mil catorce.

Vistos en grao de apelación ante esta Sección 6ª da Audiencia Provincial da Coruña os autos de procedemento ordinario 284/2011, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, aos cales correspondeu a peza recurso de apelación (Lacn) 496/2012, nos cales aparece como parte apelante Manuel Alcalde Gontán e Carmen González Grille, representados polo procurador dos tribunais Fernando González-Concheiro Álvarez, asistido polo letrado Carlos González-Concheiro Álvarez, e como parte apelada-impugnante Fénix Directo, compañía de seguros e reaseguros, S.A., representada pola procuradora dos tribunais Ángeles Regueiro Muñoz, asistida polo letrado Jesús Fernández Fernández, e como demandado rebelde Daniel Díaz Ripoll. Sendo maxistrado relator Ángel Pantín Reigada.

Ditaminamos:

Que estimando parcialmente o recurso de apelación interposto pola representación de Manuel Alcalde e Carmen González e a impugnación da sentenza exposta por Fénix Directo, revógase parcialmente a sentenza do 1 de xuño de 2012 ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela no xuízo ordinario número 284/2011, de forma que definitivamente se estima parcialmente a demanda e condénanse solidariamente os demandados a aboar (descontadas xa as cantidades percibidas durante a primeira instancia) a Manuel Alcalde a suma de 11.891,38 euros e a Carmen González Grille a suma de 19.591,51 euros, máis os xuros do artigo 20 LCS respecto da aseguradora codemandada e os intereses do artigo 576 LAC respecto de ambos os codemandados. Non se fai imposición de custas de ningunha das dúas instancias.

Notifíqueselles esta resolución, en legal forma, ás partes facéndolles saber, conforme preceptúa o artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial, que contra ela cabe recurso de casación por interese casacional, que deberá ser interposto ante esta sección no prazo de 20 días desde a notificación da sentenza.

Dentro do prazo legal, devólvanse as actuacións orixinais con testemuño da presente resolución ao xulgado de procedencia para a súa execución e cumprimento.

Así, por esta a nosa resolución, da cal se porá certificación literal na peza de sala da súa razón, incluíndose o orixinal no libro correspondente, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E encontrándose o dito demandado, Daniel Díaz Ripoll, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2014

O secretario xudicial