Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2014 Páx. 19322

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (484/2013).

Vistos por min, Mónica Ferreiro Quintas, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, os presentes autos de divorcio contencioso nº 484/2013 seguidos ante este xulgado, por instancia de María del Carmen Tafalla Rubio, representada polo procurador Sr. Seoane Tojo e asistida pola letrada Sra. Miramontes Mas, fronte a Jaime González Agras, en rebeldía.

Decido que estimando a demanda contenciosa de divorcio interposta por María del Carmen Tafalla Rubio, polo procurador Sr. Seoane Tojo, fronte a Jaime González Agras, en rebeldía, debo declarar e declaro a disolución por causa de divorcio do matrimonio formado polos anteriormente mencionados cónxuxes con todos os efectos legais, o que leva a disolución do réxime económico-matrimonial entre ambos. Iso sen facer especial pronunciamiento respecto das costas.

Lévese testemuño desta resolución aos autos da súa razón, quedando o orixinal no libro dos da súa clase.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación no termo dos vinte días seguintes ao da súa notificación. Para o que deberá terse en conta o disposto en canto ao depósito de determinada cantidade de diñeiro, na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a cal foi engadida mediante a reforma operada pola Lei orgánica 1/2009, de 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial.

Unha vez firme a presente resolución, expídase testemuño para a súa anotación marxinal na inscrición de matrimonio dos ex cónxuxes no Rexistro Civil de Ferrol (A Coruña).

Así, por esta a miña sentenza, xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola xuíza que a subscribe estando a celebrar audiencia no día da súa data, do que dou fe.