Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2014 Páx. 19323

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo

EDICTO (229/2010).

Vigo, trinta de outubro de dous mil doce.

Margarita Caloto Goyanes, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo, fago saber que no presente procedemento de xuízo ordinario número 229/2010, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Ordinario 229/2010.

Sentenza 00072/2012.

Vigo, vinte e tres de marzo de dous mil doce.

Ana Barral Picado, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 dos de Vigo, tendo visto os autos correspondentes ao xuízo ordinario seguido ante este xulgado co número indicado á marxe, promovidos polo procurador Sr. Toucedo na representación de General Electric Capital Bank, S.A., baixo a dirección letrada do Sr. Bosch contra Mariana Andrea Banchero de Svetlich e Raquel Beatriz Muiño Conde, en rebeldía procesual, dita a presente sobre a base dos seguintes...

Decido:

Que estimando integramente a demanda promovida polo procurador Sr. Toucedo na representación de General Electric Capital Bank, S.A., contra Mariana Andrea Banchero de Svetlich e Raquel Beatriz Muiño Conde, en rebeldía procesual, debo condenalas e condénoas solidariamente ao pagamento de 6.341,31 €, xuros convencionais e custas do procedemento.

Notifíquese ás partes coa advertencia de que non é firme e de que contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, mediante escrito dirixido ante este xulgado no termo dos vinte días seguintes ao da súa notificación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola xuíza que a subscribe, téndose celebrado audiencia pública no día da súa data. Dou fe.»

Expídese este edicto co fin de que sirva de notificación á demandada en ignorado paradoiro.

Raquel Beatriz Muiño Conde
Secretaria xudicial