Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2014 Páx. 19325

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (206/2012).

Luis Diego Espino Hernández, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, fago saber:

Cédula de notificación.

No Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo seguiuse procedemento de división de herdanza co nº 206/2012 MC, respecto do falecido José López Moreno, e no cal foron partes Victoria López Carrera e José Fernando López Carrera, que permaneceu en rebeldía e non se localizou, e tivo que ser notificado en edictos.

Nestes autos foi ditado decreto de data 15.11.2013, do cal se recolle, co fin da súa notificación por edictos, desde o punto cuarto e a parte dispositiva, que literalmente din:

«Cuarto. Liquidación dos bens hereditarios.

No testamento de José López Moreno disponse:

– “Lega á súa nomeada esposa o usufruto vitalicio universal da súa herdanza...”.

Despois de falecer a súa esposa após a presentación da demanda, e de acordo co establecido no artigo 127 da Lei 4/1995, do 24 de maio, e no artigo 513 do Código civil, o usufruto extinguiuse co falecemento do usufrutuario.

– “Con cargo ao terzo de mellora e, se é o caso, ao de libre disposición, lega á súa filla María-Victoria López Carrera o que ao testador corresponda na vivenda onde na actualidade el habita, con cantos mobles, roupas e aparellos existen no seu interior e, en xeral, o que encerra a expresión vulgar de “portas dentro”.

– “No remanente dos seus bens, dereito e accións, institúe herdeiros os seus dous indicados fillos, José-Fernando e María-Victoria López Carrera, a partes iguais entre ambos; substituídos vulgarmente, en caso de premoriencia, conmoriencia ou incapacidade, polos seus respectivos descendentes, por estirpes”.

Por todo iso, proponse a seguinte división e adxudicación a cada un dos partícipes:

A) Legado con cargo ao terzo de mellora e, se for o caso, de libre disposición a María Victoria López Carrera, a quen se lle adxudican as 4/6 partes do activo da herdanza.

B) Resto da herdanza a partes iguais entre os dous fillos (María Victoria López Carrera e José Fernando López Carrera); aos cales se adxudica 1/6 parte do activo da herdanza a cada un deles.

I. Proposta de adxudicación principal.

Dado que a Lei de dereito civil de Galicia do 24 de maio de 1995, establece no seu artigo 149.1 que a lexítima “deberá ser satisfeita necesariamente con bens da herdanza...”, e ao seren os bens hereditarios un único ben inmoble, non pode dar esta contadora partidora cumprimento ao espírito do artigo 786 da Lei de axuizamento civil (o contador partidor procurará, en todo caso, evitar a indivisión), xa que a lei aplicable non admite o pagamento en metálico.

Por iso procedo á adxudicación de cotas sobre o ben inmoble, e así;

I. Adxudico a María Victoria López Carrera, con NIF 36002628S, as 5/6 partes en pro indiviso do inmoble de carácter privativo que constitúe o único ben hereditario, adxudicación que ten un valor de cento sete mil douscentos sesenta e dous euros e noventa e catro céntimos (107.262,94 euros).

II. E adxudico a José López Moreno, con NIF 35985888L, a 1/6 parte en pro indiviso do inmoble de carácter privativo que constitúe o único ben hereditario, adxudicación que ten un valor de vinte e un mil catrocentos cincuenta e dous euros e cincuenta e oito céntimos (21.452,58 euros).

II. Proposta de adxudicación subsidiaria (aplicable unicamente para o suposto de que ambos os herdeiros o admitan expresamente).

Coa finalidade de evitar a proindivisión e, en definitiva, un posible novo procedemento xudicial, e unha vez que existe un informe pericial que valora o único ben integrante, esta contadora partidora propón unha forma subsidiaria de adxudicación, xa que así o permite o artigo 149.1.b) da LDCG de 1995.

I. Adxudico a María Victoria López Carrera a plena propiedade do inmoble de carácter privativo que constitúe o activo da herdanza.

II. Adxudico a José López Moreno a cantidade de vinte e un mil catrocentos cincuenta e dous euros e cincuenta e oito céntimos (21.452,58 euros) correspondentes ao valor da 1/6 do activo líquido da herdanza, importe que lle debe ser aboado por María Victoria López Carrera”.

2. Oficiar ao decano do colexio notarial para que participe ao notario a quen por quenda corresponda a protocolización e, coñecido, se lle remitan as operacións divisorias e testemuño do presente auto.

3. Deixar certificación da presente resolución nos autos levando o orixinal ao mazo correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe interpor recurso de revisión no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, mediante escrito en que deberá citarse a infracción en que a resolución tiver incorrido.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos sen que, en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao que se tivese resolto (artigo 454. bis LAC).

Para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído un depósito de 25 euros na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, co nº 3641 0000 4902 0612 da entidade Banesto. Salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, a comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así o acordo e asino. Dou fe.

O secretario xudicial»

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Fernando López Carrera, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación, que foi extractada nos seus aspectos esenciais para a súa publicación nun medio de comunicación social.

Vigo, 22 de novembro de 2013

O secretario xudicial