Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2014 Páx. 19328

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1163/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1163/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pilar Gómez Naya e María Ángeles Cedeira Veiras contra a empresa Belle de Jour, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza que é como segue:

«Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxeron María Ángeles Cedeira Veiras e María Pilar Gómez Naya fronte á empresa Belle de Jour, S.L., con intervención do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que aboe a cada unha das demandantes a cantidade de 2.777,11 euros, que se incrementará en ambos os casos co xuro moratorio do artigo 29.3 ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes, indicando que fronte a ela non cabe interpor recurso de suplicación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Belle de Jour, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 4 de abril de 2014

A secretaria xudicial