Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1304/2011, por instancia de Miguel Díaz Carballo contra a empresa Distribuidora Industrial Gallega, S.L., sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 31 de marzo de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
Decido:
Estímase a demanda interposta por Miguel Díaz Carballo contra a entidade Distribuidora Industrial Gallega, S.L. e, en consecuencia:
– Condénase a empresa Distribuidora Industrial Gallega, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de dezaseis mil sesenta e dous euros con setenta e oito céntimos (16.062,78 euros). Os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.
Notifíqueselles esta resolución ás partes
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.
E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Distribuidora Industrial Gallega, S.L., expido e asino este edicto.
A Coruña, 3 de abril de 2014
A secretaria xudicial