Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2014 Páx. 19330

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (31/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 31/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marco Antonio Enríquez Martínez, Elena Román Hernández e Olaya Aliseda Sánchez contra a empresa Aeropuertos Españoles y Navegación Aérea sobre vacacións, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando a demanda interposta por Marco Antonio Enríquez Martínez, Elena Román Hernández contra Aeropuertos Españoles y Navegación Aérea (AENA), representada polo avogado do Estado Sr. Suárez García, debo absolver e absolvo a demandada de todas as pretensións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Olaya Aliseda Sánchez, actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2014

A secretaria xudicial