Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2014 Páx. 19331

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (670/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria judicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despido/cesamentos en xeral 670/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Castro Pose contra a empresa Yiesbies, S.L., Logística de Yesos y Morteros, S.L., Yesos y Morteros Milladoiro, S.L., Yesos y Morteros de Carballo, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou sentenza nº 151 cuxo encabezamento e decisión son do teor literal:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2014.

Vistos por Mª do Carmen Barcala Barreiro, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Fernando Castro Pose, asistido pola letrada Sra. Romero Salgado, fronte ás mercantís Yiesbies, S.L., Logística de Yesos y Morteros, S.L., Yesos y Morteros Milladoiro, S.L. e Yesos y Morteros de Carballo, S.L., e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron a pesar de constar debidamente citados, dítase a presente sentenza con base nos seguintes

(…)

Decido que estimo a demanda interposta por Fernando Castro Pouse fronte ás mercantís Yiesbies, S.L., Logística de Yesos y Morteros, S.L., Yesos y Morteros Milladoiro, S.L. e Yesos y Morteros de Carballo, S.L., e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento do demandante efectuado polas mercantís demandadas con efectos de 5.6.2013, condenando conxunta e solidariamente ás mercantís Yiesbies, S.L., Logística de Yesos y Morteros, S.L., Yesos y Morteros Milladoiro, S.L. e Yesos y Morteros de Carballo, S.L. a que opten, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, ou ben por readmitir ao traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento neste caso dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento (5.6.2013) ata a presente sentenza (31.1.2013) a razón de 43,70 euros diarios, ou ben a extinción da relación contractual con aboamento dunha indemnización de 17.818,68 euros, calculada desde a data de antigüidade da relación laboral ata a data do despedimento.

Advírtese ás mercantís Yiesbies, S.L., Logística de Yesos y Morteros, S.L., Yesos y Morteros Milladoiro, S.L. e Yesos y Morteros Carballo, S.L. que, en caso de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

No que incumbe á responsabilidade do Fogasa haberá que estar ao establecido no artigo 33 do ET.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, interpoñéndose ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte da presente notificación segundo prevén o artigo 189 da Lei de procedemento laboral.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Yiesbies, S.L., Logística de Yesos y Morteros, S.L., Yesos y Morteros Milladoiro, S.L. e Yesos y Morteros de Carballo, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2014

A secretaria xudicial