Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2014 Páx. 19321

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (4156/2013).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 4156/2013 desta sección, seguido por instancia de Santiago Senande Vila contra a empresa Nivardo Rego Valle sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que desestimando o recurso de suplicación interposto por Santiago Senande Vila contra a Sentenza do 19 de setembro de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Lugo, en proceso sobre resolución de contrato e despedimento, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Nivardo Rego Valle, con último domicilio coñecido en Río Sil, 45, baixo, Lugo, expido e asino este edicto.

A Coruña, 2 de abril de 2014

A secretaria xudicial