Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2014 Páx. 19319

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (2976/2012).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social del Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso suplicación 2976/2012 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a empresa Granitos Soygar, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre outros dereitos seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto polo codemandado Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, nestes autos seguidos por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, fronte á entidade xestora recorrente e á tamén demandada Granitos Soygar, S.L., debemos confirmar e confirmamos esa sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Granitos Soygar, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de marzo de 2014

A secretaria xudicial