Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2014 Páx. 19317

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2239/2012-CON).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 2239/2012-CON

Xulgado de orixe/autos: demanda 497/2008 Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Recorrente: Francisco Gómez Varela.

Avogado: José Nogueira Esmoris.

Recorridos: Empresa Santiago Insua Ferreiro, Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A.

Avogado: Roberto Botana Castro.

Procuradora: Beatriz Dorrego Alonso.

Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento recurso suplicación 2239/2012-CON desta sección, seguido por instancia de Francisco Gómez Varela contra a empresa Santiago Insua Ferreiro e outros sobre outros dtos. seg. social, foi ditada a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do demandante, contra a sentenza do 18 de novembro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña en autos 561/11, confirmamos a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta no Banesto co nº 1552, indicando no campo de concepto «Recurso» seguida do código «35 Social Casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social Casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Santiago Insua Ferreiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias xudiaciais, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 28 de marzo de 2014

A secretaria xudicial