Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2014 Páx. 19315

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1784/2012-CON).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 1784/2012-CON.

Xulgado de orixe/autos: demanda 882/2011, Xulgado do Social número 4 de Pontevedra.

Recorrente: Carlos Márquez García.

Avogado: Juan Rafael Pazos Pesado.

Procuradora: Raquel Iglesias Regueira.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fremap, Construcciones Navales Santo Domingo, S.A.

Avogado: Alberto Fresco González.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1784/2012-CON desta sala, seguido por instancia de Carlos Márquez García contra a empresa Construcciones Navales Santo Domingo, S.A. e outros, sobre accidente, foi ditada a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Carlos Márquez García, contra a sentenza do vinte de decembro do ano dous mil once, ditada polo Xulgado do Social número 4 dos de Pontevedra, en proceso sobre revisión de grao de incapacidade promovido polo recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a mutua Fremap e a empresa Construcciones Navales Santo Domingo, S.A., debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta no Banesto co nº 1552, e indicando no campo do concepto “Recurso” seguida do código “35 Social Casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social Casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construciones Navales Santo Domingo, S.A. coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 28 de marzo de 2014

A secretaria xudicial