Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 18931

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4527/2013).

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 4527/2013 desta sección, seguido por instancia de Jorge Tomé Costa contra Fogasa, Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, Antonio Toca Carús, Manuel Sánchez Meilán, Luis Carlos Fernández Rosende sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución, coa seguinte parte dispositiva:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandante Jorge Tomé Costa contra a sentenza do 21 de xuño de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, nestes autos sobre despedimento e extinción de contrato, tramitados por instancia do referido recorrente contra a empresa Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales, S.L. (Segaprel, S.L.) e contra os seus socios Manuel Sánchez Meilán, Luis Carlos Fernández Rosende e Antonio Toca Carús, debemos confirmar e confirmamos integramente a dita sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Antonio Toca Carús e Manuel Sánchez Meilán, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de abril de 2014

A secretaria xudicial