Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 18929

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4813/2012).

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 4813/2012 desta sección, seguidos por instancia de Instituto Español de Oceanografía, Atlas Servicios Empresariales, S.A.U., Cristina Sexto Naveira contra Fogasa, Grupo Media Vigo, S.L., Gestión Turística, C.B., Lecer Casco Vello, C.B., Luis Pérez Asenjo, Mónica Piñeiro González, Jorge Durán Piñeiro, Miguel Ángel Pérez Méndez, Daniel Alejandro Pérez Rodríguez, sobre cesión ilegal, se ditou resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Que desestimando os recursos interpostos polo Instituto Español de Oceanografía, a empresa Atlas Servicios Empresariales, S.A.U. e Cristina Sexto Naveira, confirmamos a sentenza que con data do 29 de marzo de 2012 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 5 de Vigo por instancia de Cristina Sexto Naveira e pola que se acolleu parcialmente a demanda formulada.

Así mesmo, condenamos a cada unha das partes recorrentes a que, polo concepto de honorarios, satisfagan 600 euros ao letrado da parte impugnada. E igualmente acordamos, de ser o caso, a perda do depósito constituído e o destino legal para a consignación efectuada (aval presentado).

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Media Vigo, S.L., Gestión Turística, C.B., Lecer Casco Vello, C.B., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de abril de 2014

A secretaria xudicial