Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 18933

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra

EDICTO (262/2012).

No presente procedemento ordinario 262/2012, seguido por instancia de Taelpo Suministros Industriales, S.L. fronte a José Benito Abilleira Pérez e Óscar de la Torre Dopazo, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza nº 25/2013

En Pontevedra o 22 de febreiro de 2013.

Despois de vistos e oídos por Mónica Ramírez Encinas, xuíza do Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, os presentes autos de xuízo ordinario nº 262/2012, seguidos por instancia de Taelpo Suministros Industriales, representado pola procuradora María del Amor Angulo Gascón e defendido polo letrado José Luis González Cuenca, contra Óscar de la Torre Dopazo e José Benito Abilleira Pérez, en rebeldía procesual, recae a presente resolución con base nos seguintes:

Resolución

Estimo a demanda formulada pola representación de Taelpo Suministros Industriales, S.L. contra Óscar de la Torre Dopazo e José Benito Abilleira Pérez, como administradores solidarios da mercantil Construcciones y Restauraciones Cantegal, S.L., e condeno solidariamente os demandados a aboar ao demandante a cantidade de 6.165,61 euros cos xuros legais desde a interpretación xudicial.

Con imposición das custas causadas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes e lévese o orixinal ao libro correspondente e o testemuño quedará unido a autos.

Contra a presente sentenza cabe interpoñer ante este mesmo xulgado e ante a Audiencia Provincial recurso de apelación no prazo de vinte días.

De conformidade co disposto na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009, para o anuncio ou preparación do recurso de apelación será necesaria a consignación como depósito de 50 euros, que deberá ser ingresado na conta de consignación de depósitos aberta a nome deste xulgado na entidade Banesto, o que deberá ser acreditado, baixo apercibimento de inadmisión do recurso.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E encontrándose os devanditos demandados, José Benito Abilleira Pérez e Óscar de la Torre Dopazo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 28 de agosto de 2013

O secretario xudicial