Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18458

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (427/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 427/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Jesús Varela Fernández contra a empresa Bogar Asistencia, S.L., Galicia Saudade, S.L., administración concursal de Galicia Saudade, S.L., Centro Clínico Ribadeo, S.L., Fogasa, Concello de Sada, sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión din:

Sentenza

Na Coruña, 27 de marzo de 2014

Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 427/2013 sendo parte neste, dun lado, como demandante, María Jesús Varela Fernández, representada polo letrado Fernando José Méndez Sanjurjo, e como demandados Bogar Asistencia, S.L., representado pola letrada Esther Segura Espinosa; Concello de Sada, representado polo procurador Juan Lage-Fernández Cervera e asistido polo letrado Miguel Torres Jack; Centro Clínico Ribadeo, S.L., representado polo letrado José Maneiro García; Galicia Saudade, S.L., que non comparece, administración concursal de Galicia Saudade, S.L., que non comparece, e Fogasa, que non comparece, sobre despedimento, pronunciou en nome de S.M. o rei, a seguinte sentenza

Decisión

Admítese parcialmente a demanda formulada por María Jesús Varela Fernández fronte a Galicia Saudade, S.L.; Bogar Asistencia, S.L.; Centro Clínico Ribadeo, S.L., e Concello de Sada, con intervención procesual do Fogasa e a administración concursal de Galicia Saudade, S.L. e, en consecuencia:

1. Declárase improcedente o despedimento da parte demandante, e condénase a demandada Bogar Asistencia, S.L., a que no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza opte entre a readmisión inmediata da parte demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, co aboamento dos salarios de trámite, (os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza) calculados a razón de 22,50 euros/día, ou ben polo aboamento dunha indemnización por despedimento en contía de 3.234,57 euros.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

2. Así mesmo, condénase a empresa Bogar Asistencia, S.L. a aboar á parte demandante a cantidade de 337,52 euros en concepto de omisión de aviso previo.

4. Absólvense as partes codemandadas Galicia Saudade, S.L., Centro Clínico Ribadeo, S.L. e Concello de Sada das pretensións fronte a elas dirixidas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229. 1 a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Galicia Saudade, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de marzo de 2014

A secretaria xudicial