Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18461

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1160/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1160/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Néstor Fabián García Basso contra a empresa Grupo Europeo de Protección, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Resolución

1º. Que, estimando a demanda formulada por Néstor Fabián García Basso contra a empresa Grupo Europeo de Protección, S.L., condeno esta a aboarlle a cantidade de 2.700,90 euros, que lle debe en concepto de salarios, así como a cantidade de 270,09 euros en conceptos de xuros moratorios.

2º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS e do artigo 33 ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes e o Ministerio Fiscal, advertíndolles que é firme.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, estando celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Europeo de Protección, S.L. expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de febreiro de 2014

O secretario xudicial