Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18456

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2014 pola que se nomea profesorado de corpos docentes universitarios (DF1301).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante Resolución desta universidade do 10 de decembro de 2013 (BOE do 20 de decembro), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 7ª da convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 24 de decembro), modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que se deberán efectuar no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 9 de abril de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

1

Código:

DF1301-T03-590-TU-01

Corpo:

titular de universidade

Área de coñecemento:

A-590 Máquinas e Motores Térmicos

Departamento:

T03 Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial-Vigo

DNI:

36133730-V

Nome e apelidos:

David Patiño Vilas

2

Código:

DF1301-X05-245-TU-01

Corpo:

titular de universidade

Área de coñecemento:

A-245 Educación Física e Deportiva

Departamento:

X05 Didácticas Especiais

Centro de traballo:

202 Fac. CC. Educación e do Deporte-Pontevedra

DNI:

09805748-C

Nome e apelidos:

Alfonso Gutiérrez Santiago