Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18454

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2014 pola que se aproban e fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes, pola quenda de promoción interna, á realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir dúas prazas da categoría profesional técnico/a de grao medio de teleformación (e-learning), grupo II, desta universidade.

Por Resolución do 3 de decembro de 2013 (DOG do 17 de decembro e BOE do 25 de decembro), convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico/a de grao medio de teleformación (e-learning), grupo II, unha pola quenda de promoción interna e unha pola quenda de acceso libre.

Por Resolución do 5 de marzo de 2014 (DOG do 21 de marzo), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de promoción interna para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega), o día 22 de maio de 2014, ás 11.00 horas, no Servizo de Normalización Lingüística, Vivendas dos Catedráticos, Campus Vida, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios será efectuada polo tribunal, nos locais onde se realice o primeiro deles, na Reitoría da Universidade e na páxina web: http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html

Rematada a selección pola quenda de promoción interna, as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para a realización do segundo exercicio da primeira fase mediante resolución reitoral, na cal se indicará o día, a hora e o lugar e que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2014

Por delegación (Resolución do 3.4.2014)
Francisco González García
Vicerreitor de Investigación e Innovación