Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2014 Páx. 18081

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (486/2013).

Número de autos: despedimento/cesamentos en xeral 486/2013 F.

Demandante: María Severina Santiago Leal.

Demandado: Fondo de Garantía Salarial.

Óscar Méndez Fernández, secretario xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 486/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Severina Santiago Leal contra a empresa Fondo de Garantía Salarial, Sada Hostelería, S.L., administrador concursal de Sada Hostelería, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Sentenza: 146/2014.

Sentenza.

A Coruña, 26 de marzo de 2014.

Miguel Herrero Liaño, xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 486/2013, aos cales se acumularon os seguidos no Xulgado do Social número 5 da Coruña co número 714/2013, sendo parte neles, dun lado, como demandante, María Severina Santiago Leal, asistida polo letrado Sr. Valiño Ferreiro, e, doutro, como demandada, a empresa Sada Hostelería, S.L., con intervención procesual do Fogasa e administración concursal da empresa, que non comparecen, sobre resolución de contrato e despedimento, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Decisión:

Estímanse as demandas interpostas por María Severina Santiago Leal fronte a Sada Hostelería, S.L., con intervención procesual do Fogasa e a administración concursal da empresa; en consecuencia:

1. Declárase improcedente o despedimento da parte demandante con efectos desde o 29.5.2013.

2. Declárase extinguido, con data da presente resolución, o contrato que une a demandante coa empresa demandada.

3. Condénase a demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 11.152,75 euros.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1532/0000/36/0486/13. Deberá indicar no campo concepto «recurso», seguido do código «34 Social suplicación», acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que no día de hoxe o maxistrado xuíz deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Mesma data que a sentenza. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Sada Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de marzo de 2014

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial