Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2014 Páx. 18080

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (658/2012).

Myriam de Mata Schick, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Lalín, anuncio que no presente procedemento ordinario 658/2012, seguido por instancia de FCE Bank PLC, sucursal en España, contra Interiores del Deza, S.L. foi ditada sentenza no 29 de novembro de 2013 cuxo teor literal é o seguinte:

«Decido que, estimando integramente como estimo a demanda formulada pola representación procesual de FCE Bank PLC, sucursal en España, contra Interiores del Deza, S.L., debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de oito mil oitocentos noventa e oito euros e trinta e sete céntimos (8.898,37 euros), que producirán desde a interposición xudicial o xuro legal incrementado en dous puntos desde a data desta sentenza até o seu completo pagamento.

Imponse á parte demandada o pagamento das custas causadas no presente procedemento.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que se interporá por escrito ante este xulgado dentro do prazo de vinte días, contados desde o seguinte á súa notificación e resolverase ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

E encontrándose o devandito demandado, Interiores del Deza, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese o este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lalín, 12 de decembro de 2013

A secretaria xudicial