Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2014 Páx. 18084

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (485/2013).

Número de autos: despedimento/cesamentos en xeral 485/2013 F.

Demandante: Miguel Armando Vázquez Cambón.

Demandados: Sada Hostelería, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Solventia Administradores Concursales, S.L.P.

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 485/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Miguel Armando Vázquez Cambón contra a empresa Sada Hostelería, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Solventia Administradores Concursales, S.L.P., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza: 145/2014.

Procedemento: autos número 485/2013.

A Coruña, 26 de marzo de 2014.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado número 2 da Coruña, os presentes autos número 485/2013 seguidos por instancia de Miguel Armando Vázquez Cambón, representado polo letrado Sr. Valiño Ferreiro, contra a entidade Sada Hostelería, S.L., con intervención procesual da administración concursal da empresa e Fogasa, que non comparecen, sobre extinción do contrato e reclamación de cantidade.

Decisión.

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Miguel Armando Vázquez Cambón contra a empresa Sada Hostelería, S.L., con intervención do Fogasa e a respectiva administración concursal, e en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 24.662,34 euros.

Modo de impugnación: advírteselles ás partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Santander a nome desta oficina xudicial co número 1532/0000/36/0485/13. Deberá indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “34 Social suplicación”, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que no día de hoxe o maxistrado xuíz deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Mesma data que a sentenza. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sada Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de marzo de 2014

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial