Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2014 Páx. 18074

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (1626/2012).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Decido que, estimando parcialmente a demanda de xuízo verbal interposta polo procurador Sr. Fernández Villaverde, en nome e representación de Ana Concepción Fuentes Bautista asistida da letrada Sra. Gómez-Segade González, fronte a Henrique Miguel Sparrow Lope, declarado en rebeldía procesual, con intervención da representante do Ministerio Fiscal dada a concorrencia de fillo menor de idade na relación análoga á conxugal das partes, procede acceder á adopción das seguintes medidas definitivas:

1º. Garda e custodia do menor Andrés-Miguel Sparrow Fuentes, así como o exercicio exclusivo da patria potestade a favor da súa nai, a demandante Ana-Concepción Fuentes Bautista.

2º. Recoñecemento de dereito a pensión de alimentos a favor do menor na contía de 175 €/mes, cantidade que debe aboar ben o pai obrigado ben o organismo correspondente que o substitúa, na conta bancaria que se designe para o efecto dentro dos cinco primeiros días de cada mes.

Igualmente, aboará a metade dos gastos extraordinarios do fillo común menor de idade.

3º. Conforme o artigo 158 Código civil como medida de protección do menor autorízase expresamente a demandante a viaxar co menor a Honduras do 21.3.2014 ao 27.4.2014 e, en xeral, a realizar calquera actuación inherente á patria potestade de xeito exclusivo mesmo atinentes a domicilio, traslados e cuestións médicas e educativas.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 ss e 776 da Lei de axuizamento civil) logo de consignación do depósito de 50 euros previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación. Lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data; dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2014

O/a secretario/a xudicial