Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2014 Páx. 18076

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo

EDICTO (9/2013).

Margarita Caloto Goyanes, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo, polo presente anuncio:

Neste procedemento de xuízo verbal número 9/2013, seguido por instancia de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. fronte a Daniel Jesús Peaguda Daher, ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo.

Xuízo verbal 9/2013.

Sentenza 179/2013.

En Vigo o seis de novembro de dous mil trece.

Ana Barral Picado, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 dos de Vigo, logo de ver os autos correspondentes ao xuízo verbal seguido ante este xulgado co número referenciado na marxe promovidos polo procurador Sr. González Puelles Casal na representación de BBVA, S.A. e baixo a dirección letrada de Antonio Parga Álvarez contra Daniel Jesús Peaguda Daher, en rebeldía procesual, dita a presente sentenza sobre a base dos seguintes

Decido que estimando integramente a demanda promovida por BBVA, S.A. contra Daniel Jesús Peaguda Daher, debo de condenalo e condénoo ao pagamento de dous mil cincocentos dezaoito euros con cincuenta e catro céntimos máis os xuros legais e custas do procedemento.

Notifíquese ás partes con advertencia de que é firme e de que non cabe recurso.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, Daniel Jesús Peaguda Daher, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 27 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial